Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Supremo votará o 7 de febreiro o recurso de Ence sobre a prórroga da súa concesión en Pontevedra

O Supremo votará o 7 de febreiro o recurso de Ence sobre a prórroga da súa concesión en Pontevedra

A Audiencia Nacional declarara nula a prórroga da súa concesión na ría de Pontevedra ata 2073 por parte do Goberno de Mariano Rajoy

G24.gal 11/01/2023 19:07

O Tribunal Supremo notificoulle a Ence que o próximo 7 de febreiro fará a votación e a resolución dos recursos interpostos pola compañía contra as sentenzas da Audiencia Nacional que declararon a nulidade da prórroga da súa concesión na ría de Pontevedra ata  2073 por parte do Goberno de Mariano Rajoy.  

O Supremo comunicoulle a data esta semana co fin de analizar os procedementos seguidos a instancia de Greenpeace España e o Concello de Pontevedra.

A decisión do Tribunal Supremo sobre ambos os recursos coñecerase nas semanas posteriores á data sinalada para votación e sentenza dos mesmos.  

O día da decisión estaba fixado para o pasado 4 de outubro de 2022, pero en setembro o tribunal comunicou a anulación da data e o seu adiamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade