Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Supremo libra a Xunta de pagar as portaxes na sombra de Rande e A Barcala

O Supremo libra a Xunta de pagar as portaxes na sombra de Rande e A Barcala

Audasa reclamaba 14 millóns á Administración galega pola gratuidade destes treitos da AP-9

G24.gal 25/04/2022 16:24

O Tribunal Supremo deulle a razón á Xunta de Galicia e eximiuna de pagar as portaxes na sombra na Barcala e Rande tal e como reclamaba Audasa, empresa concesionaria que xestiona a AP-9.

“A recente sentenza do Supremo vén darlle a razón á Xunta e por tanto Audasa non debe, desde logo, recibir ese investimento que viña reclamando de máis de 14 millóns de euros á Xunta de Galicia como consecuencia das peaxes na sombra de Rande e A Barcala”, dixo este luns a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez.

“Como saben, hai un acordo do ano 2017, da época de Mariano Rajoy, onde acordamos conxuntamente que unha infraestrutura estatal como a AP-9 non debe ser Galicia quen subvencione ese pagamento por uso da autoestrada, a bonificación das peaxes; debe ser a propia Administración xeral do Estado”, engadiu.

Os treitos que unen A Coruña e A Barcala e Rande e O Morrazo pasaron a ser gratuítos para os seus usuarios en 2006 para que o pagamento fose asumido pola Administración, o que se chama peaxe na sombra.

Con todo, ao quedar exentos de pagar o número de usuarios multiplicouse, de modo que en 2017 o Goberno de Rajoy modificou por decreto o sistema de cálculo da portaxe que lle correspondía pagar á administración e evitar ese enriquecemento inxusto do que fala Vázquez. 

Vázquez lembrou que o Consello de Estado non só ditaminou no seu momento no mesmo sentido en que o acaba de facer o Supremo senón que sinalou que se estaba producindo un “enriquecemento inxusto” por parte de Audasa.

“Creo que é un novo chamamento á Administración Xeral do Estado, que tome nota desta nova sentenza do Supremo: que existe un enriquecemento inxusto das bonificacións da peaxe da AP-9 e tamén que non debe ser Galicia quen subvencione as peaxes da AP-9 porque é unha autoestrada de titularidade estatal”, pechou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade