Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Supremo confirma seis anos de cárcere a Griñán e nove de inhabilitación a Chaves

O Supremo confirma seis anos de cárcere a Griñán e nove de inhabilitación a Chaves

A sentenza coñecerase completamente no mes de setembro, hoxe só se deu un adianto

O tribunal considera a Griñán responsable dun delito de malversación e prevaricación e a Chaves condénao unicamente por prevaricación

G24.gal 26/07/2022 09:17 Última actualización 26/07/2022 15:30

O Tribunal Supremo, por maioría de tres a dous maxistrados, confirmou a condena de seis anos de prisión para o expresidente da Xunta de Andalucía José Antonio Griñán e de nove de inhabilitación para o seu antecesor Manuel Chaves polo caso dos ERE, un sistema de fraude na concesión de axudas sociolaborais.

A Sala do Penal do alto tribunal adiantou a sentenza, cuxos argumentos se coñecerán en setembro, en que avala o criterio da Audiencia Provincial de Sevilla en relación a Griñán, a quen considerou responsable dun delito de malversación e prevaricación, e a Chaves, condenado unicamente por prevaricación.

Dous dos tres maxistrados do tribunal -Ana Ferrer e Susana Polo- discreparon da sentenza e emitiron senllos votos particulares ao consideraren que o Supremo debería estimar o recurso de Griñán, que tería que ser absolto do delito de malversación, co cal quedaría anulada a súa condena a prisión.

O Supremo estimou os recursos doutros tres exaltos cargos condenados e acordou anular a sentenza da Audiencia Provincial de Sevilla e ditar unha nova en que segue mantendo as condenas aos expresidentes andaluces.

A voceira do Goberno di que "por rigor e respecto" prefire non pronunciarse sobre un posible indulto, cando lle preguntaron os xornalistas

Na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros, a preguntas dos xornalistas sobre un posible indulto a Chaves e Griñan, a voceira do Goberno di que, de momento, coñecen a resolución, non a sentenza, e "polo tanto, os fundamentos xurídicos", e "por rigor e respecto" prefire non pronunciarse sobre ningunha hipótese

A macrocausa dos ERE comezou no ano 2009: O PP denunciou non concello de Sevilla o suposto cobro de comisións a empresarios por parte de dous exdirectivos de Mercasevilla

Trece años despois de que o PP no Concello de Sevilla denunciara un supuesto cobro de comisións a empresarios por dous exdirectivos de Mercasevilla, o caso ERE chegou a un dos seus últimos capítulos coa sentenza di Tribunal Supremo.

O caso comezou o 24 de abril do ano 2009. O PP no Concello de Sevilla denuncia unha presunta cobranza de comisións a uns empresarios por parte de dous exdirectivos de Mercasevilla.

O 30 marzo 2011, a xuíza Mercedes Alaya, instrutora do caso, pide á Xunta as actas de todas as reunións do seu Consello de Goberno.

O 3 xullo de 2011, O Tribunal de Contas do Estado inicia unha auditoría sobre os ERE tras unha denuncia do PP.

10 marzo de 2012, entra en prisión Francisco Javier Guerrero Benítez, exdirector xeral de Traballo da Junta de Andalucía.

19 marzo de 2013, son detidas 22 persoas na operación Heracles, das que 7 ingresan en prisión.

2 xullo de 20213, é imputada a exconselleira e exministra de Fomento Magdalena Álvarez.

10 setembro de 2013, a xuíza Alaya inicia a imputación dos expresidentes da Xunta José Antonio Griñán e Manuel Chaves e outros exaltos cargos da Xunta.

31 marzo de 2014, Anticorrupción pide á xuíza Alaya abrir unha peza separada e remitir ao Supremo a causa contra Chaves e Griñán.

15 abril de 2014, a Dirección Xeral de Seguros detecta nos ERE financiados pola Xunta sobrecomisiones por valor de 66.155.573 euros.

13 novembro de 2014, o Tribunal Supremo decide investigar a presunta implicación dos expresidentes andaluces Chaves e Griñán no caso dos ERE xunto aos tres exconselleiros José Antonio Vise, Gaspar Zarrías e Mar Moreno, todos eles aforados. 

9 e 14 de abril de 2015, os expresidentes andaluces Griñán e Chaves declaran sucesivamente os días 9 e 14 como imputados ante o Tribunal Supremo.

25 de xuño de 2015, o Tribunal Supremo inculpa aos expresidentes andaluces Griñán e Chaves e aos exconselleiros Gaspar Zarrías e José Antonio Vise polos presuntos delitos de prevaricación administrativa e de malversación de fondos públicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade