Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Supremo apraza ata o 1 de xuño a votación sobre as cláusulas chan

O Supremo apraza ata o 1 de xuño a votación sobre as cláusulas chan

Nesa deliberación e votación estarán presentes todos os maxistrados da Sala do Civil do Tribunal Supremo

En Galicia ,100.000 consumidores agardan a sentenza do tribunal

G24.gal 26/05/2022 13:20 Última actualización 26/05/2022 15:16

O Tribunal Supremo acordo suspender a deliberación da votación e o ditame da macrodemanda presentada por Adicae contra 101 caixas e bancos polas cláusulas chan, para que se recuperen as cantidades indebidamente cobradas desde a sinatura do contrato e non só desde que foron declaradas nulas.

O Tribunal eleva ao pleno da Sala Primeira para que sexan todos os seus maxistrados os que se pronuncien sobre as condicións abusivas. Sinálase para o próximo día 1 de xuño de 2022 ás 10:30. Nesa deliberación e votación estarán presentes todos os maxistrados da Sala do Civil do Tribunal Supremo.

Adicae tenta desbloquear os milleiros de demandas pendentes de resolución e estendelas ao conxunto de consumidores que aínda non reclamaron a devolución das cantidades que oscilan entre os dous mil e os tres mil euros anuais.

Malia que o Tribunal Supremo suspendeu a deliberación este xoves, desde Adicae confían na sentenza dos maxistrados, que se aprazou para o próximo un de xuño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade