Publicador de contidos

Publicador de contidos

O segundo premio da lotería do Neno vendeuse en oito concellos de Galicia

O segundo premio da lotería do Neno vendeuse en oito concellos de Galicia

Cada décimo do segundo premio está agraciado con 75.000 euros

O terceiro premio vendeuse nunha administración de Lugo

G24.gal 05/01/2023 10:46 Última actualización 06/01/2023 15:09

O número 89.603 foi agraciado co Gordo do sorteo extraordinario do Neno 2023, dotado con 2.000.000 euros por serie. Vendeuse integramente en Xirona.

Vendeuse na única administración de L'Escala, localidade de 10.000 habitantes situada no Alt Ampurda. Repartiu 80 millóns de euros en 40 series.

O nome da administración é La Anchoa Millonaria, referencia ao produto típico da zona. En portelo venderon 30 series. As outras dez levounas a dona dun supermercado de Figueres. Dende a administración aseguran que o premio está moi repartido. 

Segundo premio

O segundo premio do sorteo extraordinario da lotería do Neno, celebrado este venres e dotado con 750.000 euros por serie (75.000 euros ao décimo), recaeu no número 72.289. Vendeuse nun total de oito municipios galegos: Vigo, Pontevedra, Cangas, O Carballiño, Ourense, Lugo, Cervo e Ordes.

Na provincia da Coruña, varios boletos deste 72.289 vendéronse en Ordes, na rúa Alfonso Senra, onde non tardaron en festexar.

Tamén en Ourense caeu parte do segundo, na propia capital, na cafetería Iglú. E na mesma provincia, no bar Lérida do Carballiño, onde o número premiado foi adquirido por máquina, pero aínda non sabían cantos décimos.

Na provincia de Pontevedra, houbo parte do segundo premio en Vigo, en Aldán, concello de Cangas, e nun establecemento de Pontevedra da rúa Eduardo Pondal.

A Lugo tamén foi parar parte do 72.289, tanto na capital como na Mariña, na localidade de Cervo.

Terceiro premio

O terceiro premio do sorteo extraordinario da lotería do Neno, celebrado este venres e dotado con 250.000 euros por serie (25.000 euros ao décimo), recaeu no número 18.918. 

A administración número 9 da capital lucense, sita na Rolda da Muralla, repartiu 2,5 millóns de euros ao vender 100 décimos do terceiro premio, o 18.918.

Cada un dos décimos está agraciado con 25.000 euros. Deles, o bar Avenida de Rábade repartiu 85 décimos: en total, 2.125.000 euros. A propietaria do establecemento, Chus Villar, asegura que a inmensa maioría dos décimos (vendeu 85) distribuíronse entre veciños e clientes habituais.

Ademais hai 20 premios de 3.500 euros á serie e 1.400 premios de 1.000 euros por serie.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade