Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rosal limita a 300 litros por vivenda o consumo diario de auga da traída

O Rosal limita a 300 litros por vivenda o consumo diario de auga da traída

As restricións afectan o centro e algunhas comunidades de augas

A maioría de municipios da provincia xa prohibiron encher piscinas particulares ou lavar os coches coa auga de consumo humano

G24.gal 05/08/2022 09:43 Última actualización 05/08/2022 14:41

Hortos e céspedes secos, así está hoxe boa parte do concello do Rosal, unha localidade con gran presenza de empresas agrícolas e adegas.

En xullo duplicaron o consumo de auga e os mananciais non dan máis de sí. Na localidade hai doce comunidades de augas veciñais e unha municipal que fornece ao centro.

O lugar de Novás é un dos máis afectados, o presidente da comunidade de augas aposta por aínda máis restricións. Aquí ninguén lembra unha seca coma esta e a maioría son conscientes da necesidade das restricións.

Noutros puntos do concello no turístico San Miguel de Tabagón as traídas gozan de mellor saúde  e dispoñen de mil litros por día e casa polo de agora

A seca prolongada que estamos a vivir obriga a restrinxir o consumo de auga en moitas vilas galegas. Ademais de limitar o gasto público, moitos concellos comezan a estudar medidas para acoutar o uso dos particulares.

A maioría de municipios da provincia xa prohibiron encher piscinas particulares ou lavar os coches coa auga de consumo humano. Outros intentan aguantar sen poñer límites máis ríxidos, pero co medo a que continúe esta situación, A Cañiza, por exemplo, non desbota ter que cortar a subministración de auga polas noites, e é que se non chove, prevese un outono complicado, cos encoros xa en niveis máis baixos do habitual para esta época do ano. Vixíase especialmente tamén a situación de Vigo e o Val Miñor, ante a situación destas presas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade