Publicador de contidos

Publicador de contidos

O río Mao, que abastece o encoro de Vilasouto, presenta unha cor verdosa

O río Mao, que abastece o encoro de Vilasouto, presenta unha cor verdosa

Preocupa o seu aspecto, que pode deberse á presenza de bacterias na auga

Unhas barreiras anticontaminación impiden que baixe o lodo do desaugadoiro

G24.gal 24/09/2022 14:38 Última actualización 24/09/2022 17:10

Continúa preocupando a cor do río Mao, que se achaca á contaminación da auga. No encoro de Vilasouto, no concello do Incio, o seu aspecto é verdoso como consecuencia da proliferación dalgunha bacteria.

A cor cambia no desaugadoiro do pantano. Alí a auga apréciase máis turbia. A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil colocou barreiras anticontaminación para que o lodo non avance.

De baixar, podería ocasionar problemas na fauna e na flora, ademais de afectar á auga da traída de Monforte de Lemos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar