Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Reino Unido enviará mísiles de longo alcance a Ucraína

O Reino Unido enviará mísiles de longo alcance a Ucraína

Esta doazón contribuirá a defensa de Ucraína ante a "brutalidade rusa", principalmente cando sufra ataques deliberados contra a súa infraestrutura civil

As infraestruturas civís de Ucraína foron obxecto reiterado dos ataques rusos As infraestruturas civís de Ucraína foron obxecto reiterado dos ataques rusos
G24.gal 11/05/2023 18:23

O ministro británico de Defensa, Ben Wallace, confirmou este xoves no Parlamento que o seu Goberno enviará mísiles de longo alcance Storm Shadows ao Exército ucraíno.

"Hoxe podo confirmar que o Reino Unido vai doar mísiles Storm shadow a Ucraína. Os Storm Shadow son mísiles de longo alcance, convencionais, e de precisión", explicou Wallace #ante a Cámara dos Comúns.

O posible envío, que agora se ratifica, fora recibido con ameazas por parte de Rusia, que interpreta esas novas capacidades para Ucraína como unha escalada que será respondida de forma proporcional.

Na súa declaración, Wallace argumentou que "a doazón destes sistemas de armamento dá a Ucraína a mellor probabilidade de defenderse fronte á continuada brutalidade rusa, especialmente dos ataques deliberados contra infraestrutura civil ucraína, que van contra a lexislación internacional".

Dereito a defenderse

"Ucraína ten dereito a poder defenderse fronte a isto", remachou o ministro, ao insistir en que eses mísiles "permitirán a Ucraína botar ás forzas rusas que están asentadas dentro de territorio de soberanía ucraína".

O político tamén sinalou que non planea dar máis detalles sobre as capacidades deses mísiles pero observou que "estes sistemas nin sequera atópanse na mesma liga que os mísiles rusos hipersónicos killjoy AS-24", nin tampouco á altura dos "mísiles de cruceiro Kalibr que contan cun alcance de 2.000 quilómetros, unhas sete veces máis que os Storm Shadow".

"Rusia debe recoñecer que as súas accións derivaron en que se proporcionou estes sistemas a Ucraína", apuntou o ministro británico, ao concluír que se trata de "unha resposta calibrada e proporcionada ás escaladas de Rusia". 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade