Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un emotivo oficio relixioso despide a raíña Isabel II na catedral de San Pablo

Un emotivo oficio relixioso despide a raíña Isabel II na catedral de San Pablo

O Reino Unido estará de loito ata sete días despois do funeral de Isabel II

Este "loito real" afecta só aos membros da familia real, ás institucións vencelladas á monarquía

Informouse de que non haberá libros físicos de condolencias en ningunha das residenciais oficiais da familia real e si se habilitará un sitio web na páxina oficial en liña da monarquía

G24.gal 09/09/2022 10:53 Última actualización 09/09/2022 21:13

 Un emotivo servizo relixioso reuniu este venres na catedral de San Pablo de Londres a algúns dos principais representantes políticos do Reino Unido e preto de 2.000 cidadáns británicos para render tributo Isabel II.

Ao comezo da cerimonia, no templo escoitouse o primeiro discurso á nación que o novo rei Carlos III, gravado previamente no Palacio de Buckingham, no que enxalzou a figura da súa nai e recalcou a súa profunda relación coa Igrexa anglicana, liderada polo xefe de Estado británico.

Ao final da misa, entoouse por primeira vez de maneira oficial o himno nacional coas palabras "Deus salve ao rei", en lugar do "Deus salve á raíña" que prevaleceu nas últimas sete décadas.

A primeira ministra, Liz Truss, leu durante a cerimonia un fragmento da Biblia ante os presentes.

"Non vivimos para nós e non morremos para nós. Se vivimos, vivimos para o Señor, e se morremos, morremos para o Señor. Así pois, xa vivamos ou morramos, somos do Señor", expresou Truss.

"Como acto de agradecemento, reunímonos hoxe con orgullo nesta catedral para chorar a morte da nosa señora soberana", declarou o deán de San Pablo, Andrew Tremlett, que oficiou a cerimonia.

"Celebramos o amor pola súa familia, a súa responsabilidade cara ao deber e a súa chamada á unidade e a concordia no corazón da Mancomunidade de Nacións", continuou o deán.

En paralelo ao servizo relixioso, a Cámara dos Comúns e a Cámara dos Lores continuaron coas sesións extraordinarias convocadas en honra á raíña falecida.

Unha semana de dó real

O Reino Unido seguirá a partir de agora un periodo de "dó real" ata sete días despois do funeral da raíña Isabel II, cuxa data se confirmará "no seu debido momento", informou este venres o Palacio de Buckingham.

Este "loito real" afecta só aos membros da familia real, ás institucións vencelladas á monarquía, persoal e representantes de organizacións monárquicas que desenvolvan funcións oficiais, xunto ás tropas asignadas a tarefas cerimoniais, segundo especificou o palacio.

Algúns detalles déronse a coñecer en relación aos preparativos para os próximos días, ata o funeral. Informouse de que non haberá libros físicos de condolencias en ningunha das residenciais oficiais da familia real e si se habilitará un sitio web na páxina oficial en liña da monarquía

As bandeiras nas residencias reais permanecerán a medio mastro ata as 8:00 da mañá do último día de loito real. A medida que avance a xornada coñeceranse máis datos sobre o programa de eventos destes días e espérase que a Casa Real emita un comunicado con información precisa deses actos.

A prensa británica dedicaba grandes espazos á muller que reinou entre dous séculos e da que destacan o seu gran sentido do deber e a súa determinación para dedicar a súa vida ao seu trono e ao seu pobo.

Flores e mensaxes ante o castelo de Balmoral e o Palacio de Buckingham

O Palacio de Buckingham, residencia oficial de Isabel II en Londres, e o castelo de Balmoral, onde faleceu, comezaron a encherse de visitantes, que deixaron flores e homenaxes á raíña.

Centos de persoas achegábanse dende primeira hora da mañá á área de Buckingham, adornada xa con numerosos ramos de flores. Unha xigante bandeira da Union Jack, en tons negros e grises, despregouse ás porta de palacio.

A policía escocesa permitiu aos cidadáns permanecer á espera ás portas do castelo para presentar os seus respectos á monarca.

Entre as mensaxes deixadas na honra da falecida monarca, algunhas persoas agradecíanlle os seus "servizos á nación", outros a "súa dedicación e o seu reinado" e outros resaltaban que Isabel II foi "unha fonte de inspiración".

Disparo de 96 salvas

Ás 13:00 hora local tivo lugar o disparo de 96 salvas, unha por cada ano de vida da defunta monarca, en Hyde Park e na Torre de Londres. 

Simultaneamente as campas das catedrais do país, desde a de Westminster na capital á de Leicester ou Chichester,  repicaban en recordo da monarca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade