Publicador de contidos

Publicador de contidos

O rei Filipe defende en Exipto a creación dun estado palestino

O rei Filipe defende en Exipto a creación dun estado palestino

Os monarcas españois foron recibidos polo presidente al-Sisi

O rei Filipe VI xunto a Abdelfatá al-Sisi
G24.gal 17/09/2025 21:04 Última actualización 17/09/2025 21:19

O presidente exipcio recibiu os reis de España na segunda xornada da súa visita de Estado ao país árabe. Ante Abdelfatá al-Sisi, Filipe VI volveu denunciar o brutal e insoportable sufrimento do pobo gazatí.

Recoñeceu o papel mediador de Exipto para lograr un cesamento do fogo, a liberación dos reféns e a entrada de axuda humanitaria. E defendeu a creación dun estado palestino viable que conviva en paz e seguridade con Israel.

"España apoia iniciativas como o plan que impulsades para a reconstrución de Gaza, tan necesarias para que a poboación recupere a súa vida e a súa dignidade nese territorio que xunto con Cisxordania e Xerusalén debe formar parte dun Estado palestino viable", dixo o rei no seu discurso durante o xantar de honra que lle ofreceron no palacio presidencial de Al-Ittihadiya.

Na axenda vespertina o rei Filipe foi recibido polo Cámara de Representantes de Exipto onde recibiu a Medalla de Ouro do Parlamento exipcio gravada co seu nome.

A xornada rematou nas pirámides de Guiza. Filipe VI e a raiña Letizia puideron contemplar o solpor sobre as pirámides de Keops, Kefren e Micerinos no transcurso dunha cea privada ofrecida polo xefe de estado exipcio e a primeira dama nos xardíns dun hotel próximo ao conxunto monumental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade