Publicador de contidos

Publicador de contidos

O regulador enerxético da UE rexeita as propostas españolas para reformar o mercado

O regulador enerxético da UE rexeita as propostas españolas para reformar o mercado

Segundo o informe enviado á Comisión Europea, podería xerar problemas na subministración da luz

G24.gal 17/11/2021 21:20

O regulador enerxético da Unión Europea rexeita as propostas de España para reformar o mercado eléctrico no continente con medidas como o control dos prezos. Segundo o informe enviado á Comisión Europea, isto podería xerar problemas na subministración da luz.

A Axencia Europea dos Reguladores da Enerxía desaconsella limitar o prezo do gas ou establecer prezos medios na factura final para compensar o baixo custo das renovables.

Estas medidas desvíanse dun xeito significativo do sistema actual. E poden ameazar a subministración a curto e medio prazo. Son as primeiras conclusións do informe solicitado pola Comisión Europea ante a crise da luz do continente.

O regulador enerxético europeo tamén advirte do risco de que estes controis de prezos desincentiven a aparición de novos produtores de electricidade. Un xerro de auga fría ás propostas do Goberno español aquí en Bruxelas para reformar o mercado eléctrico da UE.

No mesmo día en que a inflación da zona euro toca en outubro un máximo no 4,1 %. Sete décimas máis ca en setembro por mor principalmente da enerxía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade