Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing e o racinguismo, espectantes e eufóricos diante dunha xornada que pode ser histórica

O Rácing e o racinguismo, espectantes e eufóricos diante dunha xornada que pode ser histórica

O Rácing recibe o Celta B na Malata (19:30 h, G2 e G24) intentando asegurar o ascenso directo

O equipo departamental amósase ilusionado, e tamén cauto

G24.gal 27/05/2023 13:22

Chegou o día. E fíxoo cun derbi que pode quedar para a historia do Rácing. O equipo ferrolán enfróntase ao Celta B coa posibilidade de asegurar o ascenso directo e pelexar por ser o campión da Primeira Federación. Para iso, terá que gañar ou igualar o resultado do Alcorcón, que xoga contra o San Sebastián de los Reyes.

Coa ilusión desbordada na cidade, os racinguistas non agocharon durante a semana a súa ilusión diante do partido. Pero tamén advirten de que hai que ter cautela. O ascenso aínda non está acadado, hai que aseguralo no campo.

Máis ilusión aínda, se cadra, hai entre a afección. O racinguismo está de festa na Rúa da Magdalena, intentando canalizar os nervios dunha xornada que pode ser histórica. 

De cara ao partido, os peñistas racinguistas téñeno claro. Agora é o momento de disfrutar dunha xornada histórica, dunha festa en Ferrol como había anos que non se vivía. A presión polo ascenso chegará despois, cando comece a rodar o balón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade