Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSOE vota en contra de recuperar os 45 días para o despedimento improcedente

O PSOE vota en contra de recuperar os 45 días para o despedimento improcedente

O aumento da indemnización abre un novo punto de fricción entre os socios de Goberno

Os presidente de Cepyme pídelle á ministra de Traballo que respecte os empresarios

A ministra de Traballo é partidaria de elevar as indemnizacións por despedimento
G24.gal 23/02/2023 14:23

A indemnización por despedimento improcedente non se tocou na última reforma laboral. 
Segue en 33 días por ano. Esquerra Republicana quere subila a 45 días por ano traballado ata un máximo de 42 mensualidades. O deputado republicano, Jordi Salvador, defendeu durante o debate dunha moción no Congreso que, despois de recuperar os 45 días, deberíase abrir o debate sobre a necesidade de establecer indemnizacións "verdadeiramente disuasorias e que supoñan unha reparación real para o traballador afectado".

Pero no seo do Goberno hai discrepancias. Podemos recolleu o guante e si votou a favor desta iniciativa. A deputada de Unidas Podemos, Aina Vidal, asegurou que o seu grupo votou a favor porque o "obxectivo final xa non pode ser volver ao modelo de 2012, que xa non serve".

Os socialistas distáncianse dos seus socios, pero tamén de toda a esquerda e votan en contra. Recoñecen que a reforma laboral de 2012 foi "funesta" pero aféalle a ERC que votara en contra da reforma de 2021 e agora presente unha moción co "único obxectivo de confrontar".

A ministra de Traballo, Yolanda Díaz, quere que a indemnización non estea topada. Defende o que se vén a chamar un despedimento "reparativo". E dicir, que se teña en conta o sexo, antigüidade, a idade ou situación familiar do traballador despedido. 

Pero os empresarios non negociarán ata que haxa unha proposta enriba da mesa. E pídenlle á vicepresidenta segunda que respecte ás empresas e aos empresarios. O presidente de Cepyme, Gerardo Cuervas advírtelle que os "anuncios de medidas non contrastadas só xeran ruído".

A proposta non saíu adiante, pero o debate segue aí. Reactivouse despois de que varias sentenzas xudiciais fixaran indemnizacións por riba do que marca a lei. Polo de agora non se van tomar decisións. 

A vicepresidenta agardará a que Europa decida sobre unha demanda da UXT, que os sindicatos cren que gañarán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade