Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSOE fala dunha semana "magnífica" e o PP fixa como prioridade o cambio político

O PSOE fala dunha semana "magnífica" e o PP fixa como prioridade o cambio político

O socialista  Félix Bolaños asocia a Feijóo ao "club de presidentes por enquisa", entre os que sitúa tamén a Casado e Albert Ribera 

O propio Núñez Feijóo considera que "desde o 1982" nunca foi tan necesario un cambio de Goberno para a saúde das institucións e a concordia do país

G24.gal 01/04/2023 15:16 Última actualización 01/04/2023 15:25

O ministro da Presidencia e membro da executiva do PSOE, Félix Bolaños, reivindicou hoxe o labor do Goberno. Cualificou como "magnífica" a semana e enumerou a blindaxe das pensións, a nova remesa dos fondos europeos e a viaxe de Pedro Sánchez á China. Os dardos foron para o PP e Feijóo:

"Foi unha semana magnífica para o noso país, magnífica para España, e enfronte temos o señor Feijóo que non cansa de meter a pata. Cada vez que fala presenta a súa solicitude de admisión no club dos presidentes por enquisa, onde o están esperando o señor Casado e o señor Albert Rivera".

Mentres, o líder do PP, Núñez Feijóo, repartía carnés de novos afiliados en Zaragoza, que suman case 12.000 desde que chegou á presidencia do partido hai un ano. Feijóo di que o PSOE deixou de ser un partido de Estado e que en España non hai lei sen o OK de Otegi e Esquerra Republicana. Considera que o cambio é prioritario para a hixiene democrática:

"O Partido Popular está máis unido e o Goberno está máis dividido. O Partido Popular está mellor que hai un ano e eu asumo ante vós o meu compromiso de que dentro dun ano España estará mellor ca hoxe".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade