Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSOE andaluz analiza as razóns do seu peor resultado na comunidade

O PSOE andaluz analiza as razóns do seu peor resultado na comunidade

O espazo á esquerda do PSOE discrepa nas causas da súa división, pola que perdeu dez escanos

G24.gal 21/06/2022 15:14

O Partido Socialista de Andalucía intenta dixerir o seu peor resultado na comunidade, que o seu candidato atribúe a unha tormenta perfecta que facilitou a maioría absoluta popular.

Juan Espadas cre que ao seu proxecto lle faltou tempo e di que ten crédito interno para afrontar esta nova etapa como líder da oposición. "Son autocrítico, dixen que un resultado así esixe análise. É evidente que non conseguimos que as nosas mensaxes calaran. A suba dos prezos, o cabreo xeral que pode haber na poboación pagámolo nas urnas".

O espazo á esquerda do PSOE perdeu dez escanos ao comparecer dividida en dúas candidaturas. Adelante Andalucía valora positivamente os seus dous escanos porque abren un espazo novo. "Para nós o obxectivo era construír o espazo do andalucismo, que levaba tempo sen estar nas institucións. Evidentemente quereriamos máis representación", di Teresa Rodríguez.

Por Andalucía cre que os seus cinco escanos son un resultado "malo sen paliativos", e culpa precisamente a Rodríguez por dividir o voto da esquerda alternativa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade