Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSdeG de Pontevedra facilitará a formación de gobernos de esquerda nos concellos

O PSdeG de Pontevedra facilitará a formación de gobernos de esquerda nos concellos

A executiva provincial destaca a vitoria en Vigo e manter 19 alcaldías

G24.gal 31/05/2023 20:49 Última actualización 31/05/2023 21:04

A executiva do PSdeG na provincia de Pontevedra fai balance do resultados das municipais. Di que non son os esperados pero aínda así son os mellores dos socialistas nas catro provincias galegas.

Poñen en valor o espectacular resultado en Vigo e que manteñen a alcaldía en 19 concellos. O secretario provincial dos socialistas asegura que traballarán para a formación doutros gobernos de esquerda.

"Imos facilitar todos os gobernos de progreso, marcando liñas vermellas de negociación, pero dando autonomía ás agrupacións locais", dixo David Regades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade