Publicador de contidos

Publicador de contidos

O proxecto Mil Ríos mellorará 470 quilómetros de cursos fluviais en Galicia

O proxecto Mil Ríos mellorará 470 quilómetros de cursos fluviais en Galicia

Ten un orzamento de 5 millóns de euros de fondos europeos

O río Ulla será un dos primeiros en que se farán intervencións de eliminación de especies invasoras e estudos do salmón

Presentación do Proxecto Mil Ríos na ribeira do Ulla
G24.gal 13/03/2022 14:15

A Xunta inicia o proxecto Mil Ríos para mellorar 470 km de cursos fluviais en 50 cursos fluviais. Busca aumentar así a capacidade de resposta climática con especies autóctonas que manteñan o ecosistema orixinal.

O proxecto ten un orzamento global de 5 millóns de euros procedentes de fondos europeos. A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, anunciou que o río Ulla vai ser un dos primeiros nos que se actuará, eliminando especies exóticas invasoras como acacias e mimosas e continuando coa investigación das poboacións de salmón.

Supón a eliminación de especies invasoras, a plantación de especies autóctonas así como a eliminación de todo tipo de obstáculos que poida haber nos cursos dos ríos de maneira que os peixes poidan facer os remontes sen dificultade e facerlles a vida máis doada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade