Publicador de contidos

Publicador de contidos

O prezo do leite sobe aos 43 céntimos, pero non compensa aínda os custo de produción

O prezo do leite sobe aos 43 céntimos, pero non compensa aínda os custo de produción

A alimentación subiu un 45 % no último ano e dilúe a suba do prezo do leite

As entregas de leite baixaron en xuño porque os gandeiros reducen os rabaños

As industrias temen quedar sen materia prima e fan ofertas para captar gandeiros novos

G24.gal 02/08/2022 14:52

Nunha gandería de Mazaricos, unha das máis grandes de Galicia, téñeno claro. As subas nos custos de produción corren máis que as dos prezos do leite e, aínda que 43 céntimos o litro sexa unha suba notable, non é suficiente.

"Tal e como están as materias primas, os fertilizantes, a luz, o gasóleo, non chega ese prezo. Teríamos que cobrar uns 50 céntimos por litro xa, en agosto", di Jose Luis, gandeiro da SAT Busto Corzón.

Por vez primeira no ano, en xuño caeu o volume de leite entregado en Galicia. Algúns gandeiros están a desfacerse dos animais menos produtivos, a alimentación subiu un 45 % no último ano e non lles compensa mantelos.

"É unha ruína manter animais que dan pouco leite tal e como están os prezos da alimentación", explica Jose Luis.

Mentres isto sucede as industrias lácteas están a gañar mais que nunca con produtos derivados como a manteiga. Temen que a seca axude a que a produción siga caendo e non queren quedar sen materia prima. Comezan así as primeiras ofertas para captar novos gandeiros.

"Precisan abastecerse e fan ofertas, pero algunhas desas industrias que están a dar prezos altos, manteñen os seus gandeiros con prezos baixos. Fan ofertas para captar novas granxas, pero teñen a outros na cola dos prezos de España", matiza Óscar Pose, o responsable do sector lácteo en Unións Agrarias.

Demandan unha suba xeneralizada e inmediata dos prezos para evitar que a suba dos pensos, o gasóleo e a luz provoquen o peche de explotacións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade