Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda marca como obxectivo que "os veciños do rural teñan os mesmos servizos"

Rueda marca como obxectivo que "os veciños do rural teñan os mesmos servizos"

Na seu primeiro acto como líder do PPdeG en Lugo, díxolle á militancia que nas eleccións municipais "só vale gañar" 

G24.gal 05/06/2022 21:00 Última actualización 05/06/2022 21:18

O presidente do Partido Popular de Galicia saúda a militancia lucense ao chegar á tradicional comida da zona rural do concello. Neste encontro, recuperado tras a pandemia e diante de varios centos de militantes e cargos do partido, Alfonso Rueda marca un obxectivo:   

"Conseguir que calquera persoa, viva onde viva, teña servizos que lle permitan realizarse. Está moi ben fixarse nos sitios onde hai máis xente, pero onde hai menos hai xente que quere vivir, e hai que darlle todo o fundamental. Atendelo con feitos e sen demagoxias nin fotografías cando chegan as eleccións".

Rueda enumerou medidas postas en marcha como as casas niño, os impostos cero ou a construción de centros de saúde neses lugares.

Coa vista posta nas eleccións municipais, o líder dos populares advirte os seus:

"Non nos vai valer quedar a uns poucos votos como nos pasou no concello de Lugo, como pasou na Deputación de Lugo como nos pasou en tantos concellos de Lugo e do resto de Galicia. Só nos vale gañar. Dependemos de nós mesmos, e eu dígovos que non se me ocorre mellor aliado".

Este primeiro acto en Lugo como líder do partido foi tamén unha homenaxe ao concelleiro do rural Manuel López que faleceu en xaneiro de forma repentina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade