Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PPdeG fará unha campaña de proximidade nas municipais e sen a crispación da política estatal

O PPdeG fará unha campaña de proximidade nas municipais e sen a crispación da política estatal

Rueda chamou os populares a estar preparados tamén para axudarlle a Feijóo a gañar as eleccións xerais

Derradeira reunión de 2022 do comité de dirección do PPdeG
G24.gal 26/12/2022 21:24 Última actualización 26/12/2022 21:40

Os populares coidan que cumpriron co que os galegos esperaban deles facendo unha transición exemplar na Xunta e no PP de Galicia. Di Alfonso Rueda que o seu é un Goberno cohesionado e centrado, como lles gusta aos galegos, sen as liortas que se ven noutras formacións.

 "As liortas partidarias na oposición, as cesións continuas do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, fronte aos seus socios, que para mantelo cada vez lle piden máis e cada vez lle piden máis cousas que están en contra do que senten os españois, e estou seguro que a inmensa maioría dos galegos; nós imos facer todo o contrario", di Alfonso Rueda, presidente do PP de Galicia.

O contrario, di Rueda, é unha campaña para as municipais de contacto directo coa xente e lonxe da crispación da política estatal. Iso si, chama ao PPdeG a estar preparado par axudarlle a Feijóo a gañar as eleccións xerais, convencido de que Pedro Sánchez vainas convocar exactamente cando máis lle conveña a el e menos ao PP.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade