Publicador de contidos

O PPdeG esixe mecanismos efectivos para que o leite teña un prezo xusto

O PPdeG esixe mecanismos efectivos para que o leite teña un prezo xusto

Os populares galegos levarán iniciativas ao Parlamento e ao Senado para que se reforme a Lei de cadea alimentaria

G24.gal 03/11/2021 16:46

Na véspera de que o sector lácteo galego proteste polas rúas de Lugo, afogado polos custes de produción, os populares galegos inician unha ofensiva en apoio as súas demandas. O PP vai presentar iniciativas lexislativas en Galicia e no Senado para garantir que os gandeiros non vendan o leite por baixo do custo de producilo.

Deputados da formación defenderán medidas no Parlamento e no Senado para que se introduzan na reforma da Lei da cadea alimentaria.

Entenden que a situación de moitas explotacións se viu agravada polo aumento do prezo da electricidade ou da forraxe. Esperan que o Goberno tome nota destas iniciativas que só buscan impedir que os gandeiros vendan a perdas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade