Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PPdeG demanda que as exencións fiscais do Xacobeo se estendan ata finais de 2023

O PPdeG demanda que as exencións fiscais do Xacobeo se estendan ata finais de 2023

Instará a Xunta a que esixa que se reactive "canto antes" a actividade en Alcoa

A deputada Paula Prado nunha imaxe de arquivo A deputada Paula Prado nunha imaxe de arquivo
G24.gal 03/01/2022 13:32

O PPdeG reclamará que se estendan os beneficios fiscais polo ano Xacobeo ata finais de 2023. A deputada conservadora Paula Prado denunciou a falta dun "compromiso firme" do Goberno central pola "escaseza de investimentos" e por non estender as exencións fiscais.

A vicevoceira dos populares no Parlamento de Galicia asegura que esta petición saíra adiante unicamente coa abstención do PSdeG e engadiu que na Comisión de Facenda do Congreso os socialistas votaron a favor. Pero, segundo lamenta, no trámite parlamentario dos presupostos o PSOE votou en contra da emenda do PP.

"Lamentablemente vemos como o Goberno de España fai oídos xordos ás reclamacións e discrimina e castiga a Galicia en cada unha das decisións que adopta, non apoiando o Xacobeo 21-22 e non apoiando que sexa a punta de lanza fundamental para que Galicia supere a crise económica que sufrimos pola pandemia", dixo.

Alcoa

Por outra banda, o PPdeG presentou tamén unha iniciativa para reactivar "canto antes" as cubas da factoría de aluminio de San Cibrao. A paralización das cubas comezou o día 1 de xaneiro tras o acordo entre a empresa e os traballadores para seguir realizando investimentos e volver poñelas en funcionamento en 2024.

 Prado dixo que esta paralización "non é unha boa noticia" e que reflicte "a política enerxética errática e totalmente equivocada" do Goberno.

O PPdeG instará a Xunta a demandar un "compromiso claro" do Goberno e de Alcoa para garantir a reactivación da plannta. 

Reforma laboral

A preguntas dos xornalistas, a representante do PPdeG criticou que o Goberno optara, para a reforma laboral, por un decreto lei e non por unha nova lei. Ademais dixo que o seu partido non pode estar de acordo co texto porque "non vai producir ningunha mellora no marco da creaciónd e emprego e a recuperación económica". O Goberno, dixo, "trata de vender un pouco a súa promesa electoral".

Estaba previsto que xunto a Prado comparecese en rolda de prensa el deputado Borja Verea, pero finalmente non o fixo porque está en corentena tras dar positivo nun test de antíxenos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade