O PPdeG critica o baixo orzamento nas contas do Estado para infraestruturas galegas
Reclaman máis partidas para as autovías e as obras ferroviarias pendentes
O PPdeG xa traballa nas emendas aos Presupostos Xerais do Estado para reclamar máis investimento destinado ás infraestruturas prioritarias en Galicia.
Piden medidas para paliar o impacto da suba do IPC nas peaxes e critican o baixo orzamento para as autovías pendentes.
"Hai unha enorme preocupación en relación coas peaxes da AP-9 e da AP-53 e, en materia ferroviaria, case que roza o insulto as insignificantes partidas que vemos en determinadas liñas", asegura Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade.
En concreto, no eido ferroviario os populares solicitan partidas orzamentarias suficientes para avanzar nas obras da variante de Ourense, para a modernización da liña de tren A Coruña-Ferrol e para a saída Sur de Vigo.