Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP presume no Senado da vitoria en Andalucía

O PP presume no Senado da vitoria en Andalucía

Os populares tiran dos resultados do domingo para pedirlle humildade ao Goberno

Bolaños responde á "ansiedade" da oposición asegurando que van esgotar a lexislatura

PSOE e Podemos descartan o adianto electoral tras o revés nas urnas andaluzas

Antón Montero 21/06/2022 19:48

O Partido Popular comeza a rendibilizar a maioría absoluta en Andalucía, por exemplo, para instar o Goberno a que atenda agora as súas propostas para combater o encarecemento da vida.

Javier Maroto, voceiro popular no Senado, lembrou que "o señor Sánchez quitou de enriba a nosa oferta na última sesión de control aquí con aquela desafortunada frase de 'o PP estorba'. Non creo que o que todos escoitamos o pasado domingo sexa precisamente que o PP estorba".

Non entraba ao trapo a interpelada, Nadia Calviño, pero si o ministro de Presidencia. 

Félix Bolaños dixo que percibe "certa ansiedade pola súa parte. Queda ano e medio de lexislatura, o Partido Socialista gañará as eleccións e vostedes onde merecen, na oposición".

Os populares cargaron contra o ministro de Exteriores, ao que culparon de torpeza, falta de previsión e de diplomacia pola crise con Alxeria. José Manuel Albares instou o PP a poñerse do lado do executivo, cando menos para defender as empresas españolas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade