Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP insta o PSOE a romper o pacto de Goberno con Coalición por Melilla

O PP insta o PSOE a romper o pacto de Goberno con Coalición por Melilla

Os dez detidos pola suposta compra de votos por correo están en liberdade con cargos

Podemos critica a Más País e Compromís por asinar o Acordo do Turia con Coalición por Melilla

G24.gal 24/05/2023 14:55 Última actualización 24/05/2023 15:04

Entre os dez detidos pola suposta compra de votos, está o número tres de Coalición por Melilla, actualmente conselleiro, e tamén o xenro do líder do partido, que xa fora condenado no pasado polo mesmo delito.

Gobernan a cidade autónoma en coalición co PSOE e un expulsado de Ciudadanos, que é o presidente de Melilla.

Dende o Partido Popular instan os socialistas a romper o pacto. Elías Bendodo,  coordinador xeral do partido, pídelle ao PSOE que "fale alto e claro e que rompa a súa coalición de goberno con Coalición por Melilla porque é un partido que mercou votos, e demostrouse coas detencións que se produciron".

Coalición por Melilla tamén forma parte do chamado Acordo do Turia, no que están Más País e Compromís, entroutros. Dende Podemos, critican esta alianza. 

Á ministra de Igualdade, Irene Montero, "sorpréndenlle" as alianzas "dalgúns partidos progresistas cunha coalición que xa dende antes estaba sinalada pola compra de votos".

Pablo Echenique, voceiro de Unidas Podemos no Congreso, asegura que nunca se verá o seu partido, "a diferenza doutros, pactando acordos electorais con partidos corruptos como Coalición por Melilla".

Os partidos do Acordo do Turia aseguran que Coalición por Melilla foi excluída, preventivamente, hai unha semana, ante as sospeitas da súa implicación na compra de votos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade