Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP fala de cambio de ciclo e o PSOE sostén que o Goberno está forte e ten futuro

O PP fala de cambio de ciclo e o PSOE sostén que o Goberno está forte e ten futuro

Os dous partidos analizan os resultados das autonómicas andaluzas en clave nacional

G24.gal 20/06/2022 20:28

Tras analizar os resultados das autonómicas andaluzas, os populares falan abertamente dun cambio de ciclo na política española. Consideran que a vitoria en Andalucía, un dos feudos históricos socialistas, pode ser extrapolable ás eleccións xerais do ano que vén.

Elías Bendodo, coordinador xeral do PP, di: "onte púxose o reloxo en marcha cunha conta atrás para que Sánchez saia da Moncloa. E o máis importante, xa hai unha alternativa clara, a que representa Alberto Núñez Feijóo"

A lectura é diferente desde o Partido Socialista, que ve a perda de Andalucía como un revés importante, pero de ningunha maneira un cambio de ciclo. Así llo transmitiu ao seu equipo o presidente do Goberno.

Felipe Sicilia, portavoz da Executiva Federal do PSOE: "El o que transmitiu é que o Goberno está forte, está sólido, que hai lexislatura ata o final. Os andaluces elixiron o seu Goberno autonómico, e creo que é unha falta de respecto absoluta facernos crer que cos seus votos estaban xulgando o que fai o Goberno de España"

Os socialistas achacan parte do fracaso electoral en Andalucía á división da esquerda máis alá do PSOE. Podemos non reuniu aínda a súa executiva para analizar os resultados. Yolanda Díaz admitía a derrota neste chío, en que insta a abrir un tempo novo para as forzas progresistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos