Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PNV ve irresponsable que o Goberno de Sánchez "siga máis aló de 2026"

O PNV ve irresponsable que o Goberno de Sánchez "siga máis aló de 2026"

Aitor Esteban eleva o ton co PSOE tras a investigación a Zapatero

Aitor Esteban, nun mitin doPNV este domingo en Durango,EFE/Javier Zorrilla Aitor Esteban, nun mitin doPNV este domingo en Durango,EFE/Javier Zorrilla
G24.gal 24/05/2026 15:03

O presidente do PNV, Aitor Esteban, advertiu este domingo de que sería "irresponsable" que o Goberno de Pedro Sánchez "siga máis aló de 2026, sen rumbo, sen unha maioría estable" e con "unha axenda descontrolada e xudicializada".

Esteban lanzou esta advertencia na súa intervención no acto que o seu partido celebrou en Durango cando queda un ano para as eleccións municipais de 2027, no que se referiu aos "escándalos xudiciais que rodean ao Goberno español" por ser "absolutamente prexudiciais para a imaxe da política e para a estabilidade gobernamental".

"Aquí non vale todo", deixou claro o líder do PNV, que subliñou que a imputación do expresidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero "é moi seria" .

Tras lembrar que o "apoio de Pedro Sánchez a Zapatero foi absoluto", Esteban opinou que o contido do auto xudicial é "moi grave e moi preocupante", polo que fixo fincapé en que o Executivo central "non pode ventilar o asunto apelando ao 'lawfare'".

"Este panorama fai moi difícil que Sánchez poida culminar a lexislatura. Máis ben diría que sería irresponsable seguir máis aló de 2026 sen rumbo, sen orzamento, sen unha maioría estable e cunha axenda descontrolada e xudicializada", puntualizou.

O líder do PNV insistiu en que esta cuestión é "moi seria" polo que precisa de "moitas explicacións" e subliñou que a súa formación "vai seguir moi de cerca este asunto e os outros do PSOE nos tribunais".

Como exemplo da "falta de rumbo" do Goberno central referiuse á folga de médicos da que responsabillizou á ministra de Sanidade, Mónica García, por "poñer patas para arriba" o Servizo Vasco de Saúde ao aumentar as listas de espera cos paros.

Por iso, emprazou á ministra para negociar e se non o fai reclamou "que o faga Sánchez", do que dixo "que é tan responsable como a ministra" neste conflito laboral.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade