Publicador de contidos

Publicador de contidos

O paro sobe en setembro en 17.679 persoas

O paro sobe en setembro en 17.679 persoas

O número total de parados sitúase en  2.941.919 persoas 

En Galicia tamén subiu o paro en 2.197 persoas

A Seguridade Social gañou unha media de 29.286 cotizantes en setembro

G24.gal 04/10/2022 08:46 Última actualización 04/10/2022 13:29

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego subiu en 17.679 desempregados en setembro (+0,6 %), o cal situou o total de parados en 2.941.919, a súa menor cifra nun mes de setembro desde 2008, segundo datos publicados este martes polo Ministerio de Traballo e Economía Social.

A suba do paro en setembro, a terceira consecutiva tras as de xullo e agosto, é a máis elevada nun mes de setembro desde 2018, cando aumentou en 20.441 persoas, aínda que é máis moderada do que adoita ser habitual para este mes, que na media dos anos 2008-2019 sumou 46.307 desempregados.

"Trátase dun incremento menor do habitual que segue a tónica xeral deste mes, marcado pola forte estacionalidade tras a campaña de verán", subliña o Ministerio.

En setembro sobe o paro habitualmente por varios factores: rematan as contratacións de verán e apúntanse os mozos que remataron os estudos o curso pasado.

Asináronse menos contratos, pero seguen aumentando os indefinidos.

Galicia perdeu durante o mes de agosto 5.985 afiliados de media á Seguridade Social, un 0,57 %, mentres que o desemprego aumentou en 2.197 persoas (1,55 %). É unha suba porcentual de punto e medio, por riba da media estatal.  Hai algo máis de 144.000 desempregados na nosa comunidade.

Son case 9.000 menos que hai un ano. Galicia perdeu case 6.000 afiliados en setembro. Hai algo máis de 1.049.000 cotizantes. 

No conxunto de España a Seguridade Social gañou 29.286 afiliados de media en setembro apoiada no sector educativo  (+0,15 %), por baixo dos crecementos rexistrados neste mes en 2021 (+57.387 afiliados) e 2020 (+84.013 ocupados).

Con esta repunta de afiliados, impulsado polas mulleres e a ganancia de ocupados na Educación ante o inicio do curso escolar, o número total de cotizantes, en valores medios, situouse en 20.180.287 persoas ao finalizar setembro.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar