Publicador de contidos

O paro baixa no mes de outubro por primeira vez dende 1975

O paro baixa no mes de outubro por primeira vez dende 1975

O número de parados baixou en 734 desempregados en outubro

Hai 159.479 afiliados máis de media á Seguridade Social

En Galicia subiu o paro en 990 persoas

G24.gal 03/11/2021 08:54

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego baixou en 734 desempregados en outubro; é o seu primeiro retroceso neste mes desde 1975.

O Departamento que dirixe Yolanda Díaz destacou que, coa caída de outubro, o desemprego suma oito meses consecutivos de descensos e acumula nese período unha redución de 751.721 parados. 

O número total de parados alcanzou ao finalizar o mes a cifra de 3.257.068 desempregados, a súa menor cifra desde febreiro de 2020.

Hai 159.479 afiliados máis de media á Seguridade Social e xa se superan os 19,6 millóns de ocupados.

O paro sobe en Galicia no mes de outubro

O número de parados en Galicia subiu en 991 persoas en outubro, un incremento do 0,65 % respecto ao mes anterior. O total de parados ascende a 154.045. Na comparativa cun ano antes, o paro baixa en 27.262 persoas na comunidade galega, un 15 % menos ca en outubro de 2020. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos