Publicador de contidos

Publicador de contidos

Scholz xura o cargo como chanceler poñendo fin a 16 anos da era Merkel

Scholz xura o cargo como chanceler poñendo fin a 16 anos da era Merkel

O socialdemócrata liderará un tripartido inédito no país con Verdes e Liberais tras recibir o apoio do Bundestag

G24.gal 08/12/2021 11:47

O socialdemócrata  Olaf  Scholz foi elixido hoxe chanceler federal polo Parlamento alemán ( Bundestag), onde o seu partido e os seus futuros aliados de goberno, os Verdes e o Partido Liberal ( FDP) teñen a maioría.

O chanceler electo obtivo o apoio de 395 votos, fronte a 303 en contra e 6 abstencións. A súa alianza cos verdes e os liberais suma no Bundestag 416 escanos do total de 736, pero o número de deputados presentes era de 707.

Scholz sucede no cargo á conservadora Angela Merkel, que traspasará o poder tras 16 anos a quen foi vicechanceler e ministro de Finanzas da súa última gran coalición.

A sesión de investidura abriuse cun saúdo da presidenta da cámara, a socialdemócrata  BärbalBas, quen logo deu a benvida a Merkel, asistente desde a tribuna de deputados, así como ao exchanceler Gerhard Schröder.

Seguiu ao saúdo unha longa ovación, cos deputados en pé e orientado cara a Merkel, quen non senta xa entre os parlamentarios. A súa retirada da política incluía a renuncia para ser de novo candidata do seu distrito do nordés do país, tras trinta anos como deputada.
 

Un tripartito inédito pon fin a 16 anos da era Merkel

A investidura seguiu á firma do pacto de coalición entre as tres formacións, que nos días precedentes ratificaran por separado, o acordo negociado entre as súas cúpulas.

O novo goberno, un tripartito inédito a escala federal, será o máis paritario da historia de Alemaña, xa que oito dos seus 16 ministerios estarán ocupados por mulleres.

Ao Partido Socialdemócrata (SPD), a forza máis votada nas eleccións xerais do pasado setembro cun 25,7 %, correspóndenlle sete ministerios, ademais da chancelería. 

Os Verdes, que obtiveron un 14,8 %, terán cinco carteiras, entre elas o superministerio de Economía e o Clima, para o seu co-presidente Robert  Habeck, que ademais será o vicechanceler, mentres que a súa co-presidenta,  Annalena Baerbock, ocupará Asuntos Exteriores.

Ao  FPD, cun 11,5 % nos pasados comicios, correspondéronlle catro ministerios, incluído o departamento clave na potencia europea de Finanzas, que será para o seu líder,  Christian  Lindner.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade