Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Noia non puntúa en Xaén por un só segundo

O Noia non puntúa en Xaén por un só segundo

Derrota por 4-3 que sería empate se o Noia chega a resolver a última xogada un segundo antes

G24.gal 13/11/2022 11:09

De infarto foi a resolución do Xaén - Noia da Liga Nacional de Fútbol Sala. O equipo galego quedou a un só segundo de rabuñar un empate, pero o último lanzamento foi xusto despois da bucina final (4-3). 

Todo comezara ben para o cadro galego cos goles de Pirata e Machado. Reaccionou o Xaén dun xeito espectacular cos goles de Chino, Taborda e Mati Rosa. Aínda nun espectacular primeiro tempo empatou Bruno Gomes (3-3). 

A segunda metade prometía fortes emocións pero os dous equipos xogaron dun xeito máis táctico e sen arriscar tanto. A emoción chegou nos últimos intres. Primeiro marcou Chino o 4-3 no minuto 39. O adestrador galego pediu tempo e buscou un último ataque que se resolveu con gol, pero fóra de tempo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos