Publicador de contidos

Publicador de contidos

A escultura da virxe atopada no río Sar loce no Museo das Peregrinacións

A escultura da virxe atopada no río Sar loce no Museo das Peregrinacións

A figura, do século XIV, precisou dun laborioso proceso de restauración

G24.gal 12/02/2022 21:40

O Museo das Peregrinacions de Santiago expón dende este sábado a estatua da virxe atopada somerxida nas augas do río Sar. A figura, que data do século XIV, precisou dun laborioso proceso de restauración que se prolongou durante ano e medio.

Os especialistas estiman que a escultura da virxe levaba case medio século somerxida nas augas do río Sar, cando un pescador a atopou de xeito casual en xuño do 2020. A peza que data do século XIV presentaba un estado de conservación complicado. 

A directora do Museo das Peregrinacións, Esperanza Gigirey, explica que nun primeiro momento mantiveron a escultura somerxida nun tanque de auga desionizada para evitar a súa desecación progresiva.

Ter que manter a figura de case metro e medio de alto en auga complicou a súa limpeza e restauración pero os traballos xa están rematados.

"Decidimos incorporala á exposición permanente do museo, á planta dedicada á cidade. Tamén incorporamos outra virxe gótica do século XIV para que o público poida comparar esta peza en pedra feita por un taller ourensán que traballou en Compostela e unha peza xa en madeira, que é dun taller castelano-leonés", explica a directora.

Agora é un novo reclamo para visitar o Museo das Peregrinacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade