Publicador de contidos

Publicador de contidos

De ser condenado, o mozo que matou outro cun cinceiro en Noitevella irá ao carceré non máis de catro anos

De ser condenado, o mozo que matou outro cun cinceiro en Noitevella irá ao carceré non máis de catro anos

Será xulgado por un delito por imprudencia, ao considerarse que non tiña intención de causarlle a morte

G24.gal 15/09/2022 14:33

Novidades no suceso da Noitevella de 2020 en que un mozo morreu en Oleiros como consecuencia dunha liorta en que recibiu un golpe na cabeza cun cinceiro metálico. A Audiencia Provincial da Coruña desbota que os feitos sexan constitutivos dun delito de asasinato. 

Determina que o acusado cometeu un delito por imprudencia e no caso de ser condenado, non terá unha pena de máis de catro anos de cadea.

O que non se discute é o que aconteceu aquela madrugada. No curso dunha pelexa multitudinaria, o acusado e a vítima, que xa se coñecían de antes, agredíronse mutuamente e, nun momento dado, o primeiro golpeou ao outro cun cinceiro metálico na cabeza. Cae ao chan e faleceu.

A defensa, a xuíza instrutora e agora tamén a Audiencia Provincial consideran que o investigado non tiña intención de lle causar a morte nin se imaxinaba que golpeándoo ía matalo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar