Publicador de contidos

Publicador de contidos

O mercado da Pedra volve a Vigo con aires renovados e espazos 'outlet' e gastronómicos

O mercado da Pedra volve a Vigo con aires renovados e espazos 'outlet' e gastronómicos

O que era un dos mercados mais emblemáticos de Vigo volve con forza

A Pedra abre todos os días da semana, en horario de dez da mañá a dez da noite

Unha clienta nunha das tendas do mercado da Pedra
G24.gal 22/11/2021 14:49

A Pedra rexorde das súas cinzas despois de sete anos de peche. O que era un dos mercados mais emblemáticos de Vigo volve con forza, e paseniño, vai camiño de se converter nun punto turístico da cidade.  

Unha remodelación que chega sete anos despois da operación Cuarzo, que pechou o mercado por ser un foco de venda de roupa falsificada. De feito, o Goberno dos Estados Unidos chegou a incluír A Pedra na listaxe mundial da piratería.

Houbo unha morea de redadas policiais e un total de 42 comerciantes tiveron que ir a xuízo. Nestes anos houbo intentos de reactivar o mercado, pero ata agora non frutificaron. Agora rexorde con comerciantes do antigo mercado tradicional, e tamén hai sangue novo. 

O mercado da Pedra abre todos os días da semana, en horario de dez da mañá a dez da noite. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar