Publicador de contidos

Publicador de contidos

O mercado da arte volve a Vigo

O mercado da arte volve a Vigo

60 artistas presenten e venden no Calvario as súas creacións

Hai tamén concertos e sesións de contacontos para os cativos

G24.gal 17/05/2022 14:07

O peixe, a carne ou as verduras transformáronse en letras, cadros e ilustracións. O mercado do Calvario de Vigo é de novo o mercado da arte. Esther López Bernárdez é unha das organizadoras desta feira e explica que se xuntan "máis de 60 artistas de toda Galicia e expoñen a súa obra con posibilidade de vendela". A súa compañeira nesta aventura, Alba Sánchez Fernández, sinala que o obxectivo é "sacar a arte dos museos e levala a pé de rúa"

Así, a arte múdase das galerías aos postos. Achégase a un público fiel cunha cita que se converte en tradición viguesa no Día das Letras Galegas. Aos visitantes sorpréndelles tanto a localización, unha praza de abastos, como o contido, e destacan o talento galego.

Diferentes artistas deixan a súa pegada nun cadro que se poxa ao final da xornada. Os cartos recadados irán para a protectora de animais Os Biosbardos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade