Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo non pode co cabeiro no Anxo Carro (0-0)

O Lugo non pode co cabeiro no Anxo Carro (0-0)

Joan Carrillo non puido estrearse con vitoria no banco lugués

O Eivissa sacou un empate nunha xornada con protestas da afección

G24.gal 05/02/2023 23:00

O Lugo non puido co cabeiro da Segunda División, o Eivissa, que sacou un punto do Anxo Carro na estrea de Joan Carrillo no banco local. Foi nunha xornada convulsa, con protesta da afección antes do encontro logo dunha semana con moitas incidencias no club.

A primeira metade non deixou grandes accións de perigo. A máis clara levou a sinatura de Jaume Cuéllar. Na continuación foi Sebas Moyano quen colleu a remuda no ataque albivermello. Primeiro tivo unha boa ocasión no 48. E cinco minutos despois, o seu remate era repelido polo traveseiro, aínda que a xogada quedou invalidada por falta. Aínda tivo outro par de ocasións, a máis clara unha internada na área cun remate raso que sacou Fuzato co pé.

Os últimos minutos foron de acoso por parte albivermella, pero os baleares resistiron os ataques sen permitir ocasións claras de gol. Ata o minuto 94. Na última xogada do partido, Señé rematou de cabeza na área pequena, pero fíxoo moi centrado, ás mans de Fuzato. O empate ante o pechacancelas mantén o equipo de Joan Carrillo nunha situación de emerxencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade