Publicador de contidos

Publicador de contidos

O inverno asoma e medra a preocupación dos transportistas por ter que usar o desvío da A-6 en Pedrafita

O inverno asoma e medra a preocupación dos transportistas por ter que usar o desvío da A-6 en Pedrafita

Os transportistas non ven posible circular por este treito cando haxa neve ou xeo,pero tampouco ven viable a proposta do Goberno de circular pola N120 para acceder á meseta polo Barco de Valdeorras

A mellor solución para o sector é volver atravesar a vila de Pedrafita

Camións circulando moi amodo polo novo desvío da A-6 en Pedrafita
G24.gal 07/11/2022 14:10

É o día a día dos camioneiros que usan o desvío de Pedrafita. Un tramo que require dos cinco sentidos ao volante, un ascenso curto pero que se fai longo porque hai que percorrelo moi amodo, polo que o tráfico aquí sempre é lento e en caravana.

"Eu se vexo que hai coches paro xa abaixo, porque é imposible arrancar aí, ou rompes algo ou se che despraza a carga", conta un camioneiro. Outro di: "O desvío tíñano que facer na marxe dereita, fixérono mal".

Preocúpalles que o inverno está ás portas e seguen sen ter unha solución cando a neve ou o xeo lles impida usar o desvío.

"Cando empece a ir frío, a ver por onde nos levan", di preocupado un camioneiro, e outro engade: "Agora no inverno vaise complicar bastante e penso que non están buscando alternativas".

Para eles a solución está clara: volver atravesar Pedrafita,
 "É o mal menor porque é un traxecto curto", asegura un camioneiro, porque di que "a alternativa é desviarnos 60 ou 70 quilómetros por unha estrada nacional tamén complexa no inverno".

Refírese ao desvío que propón o Goberno de acceder á meseta pola nacional 120, a través do Barco de Valdeorras. Unha ruta que non queren porque a ven menos segura, máis longa e máis custosa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade