O incremento do gasto militar segue dividindo o Goberno
O incremento do gasto militar segue dividindo o Goberno
A parte socialista do Goberno nega que tratasen de ocultar a Unidas Podemos o incremento do gasto militar
Unidas Podemos desconfiaba do PSOE no que atinxe ao gasto militar
A parte socialista do Goberno nega que tratasen de ocultar a Unidas Podemos o incremento do gasto militar, como denunciou Pablo Echenique. Margarita Robles, ministra de Defensa, dixo hoxe que todos os ministros estaban ao corrente dos plans do Executivo.
Unidas Podemos desconfiaba do PSOE no que atinxe ao gasto militar. "Hai que estar vixiantes", dicía Pablo Echenique.
E aínda así, pouco despois do acordo sobre Presupostos, o mesmo Echenique acusaba de deslealdade o Goberno por supostamente ocultar o incremento do gasto militar. A versión de Moncloa é outra.
Hoxe nos corredores do Congreso as ministras de Unidas Podemos evitaban reponder. O socialista Félix Bolaños asentía coa cabeza e Patxi López corroboraba o que dicía a ministra de Defensa.
O incremento do gasto militar non é a única nota discrepante entre os socios de Goberno. Tamén a lei de vivenda que quedou fóra do acordo de Presupostos. Por iso, Ione Belarra pide a mobilizacións dos cidadáns. Belarra asegura que o seu socio no Goberno está excesivamente aliñado coa patronal inmobiliaria.