Publicador de contidos

Publicador de contidos

O home atopado morto na praia de Escarabote faleceu por causas naturais

O home atopado morto na praia de Escarabote faleceu por causas naturais

Foi localizado por un veciño entre as rochas do areal

É un veciño da Ribeiriña, na Pobra, de 43 anos de idade

Marta González Salve 29/11/2021 13:51

As investigacións da Garda Civil para esclarecer as causas da morte do home de 43 anos veciño da Pobra aparecido na praia do porto de Escarabote conclúen que o falecemento se debeu a causas naturais.

O corpo foi atopado entre as rochas da praia por un veciño á primeira hora da tarde. Cando chegaron os servizos de emerxencia tan só puideron certificar a morte.

Ata alí desprazáronse axentes da Policía Local e da Garda Civil, que custodiaron o corpo, e tamén os bombeiros de Boiro, que procederon a retiralo da zona unha vez que o xuíz autorizou o levantamento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade