Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno ve "puntos de encontro" para a reforma laboral

O Goberno ve "puntos de encontro" para a reforma laboral

Nova reunión cos axentes sociais con avances nos contratos formativos

Antón Montero 19/11/2021 19:50

O Goberno e os axentes sociais volveron este venres á mesa de negociación para tentar chegar a unha reforma laboral de consenso. Foi a segunda xuntanza en 3 días e a semana que vén haberá outras dúas.

Hoxe falaron dos contratos formativos e das distintas fórmulas para combinar a redución da temporalidade e os contratos de tempada.

A ministra de Traballo, Yolanda Díaz, amosábase optimista sobre a posibilidade dun acordo antes de fin de ano: "a mesa de diálogo social hoxe foi moi frutifera, traballamos moi ben, con intensidade, estamos chegando a puntos de encontro".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade