Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno sobe ao 4,4 % a previsión de alza do PIB neste ano e baixa ao 2,1 % a de 2023

O Goberno sobe ao 4,4 % a previsión de alza do PIB neste ano e baixa ao 2,1 % a de 2023

Calviño cre que as previsións son prudentes e que o crecemento pode ser "mesmo maior"

G24.gal 03/10/2022 16:52

O Goberno cre que a economía española crecerá un 4,4 % este ano, unha décima máis que o cálculo anterior aínda que a alza podería ser "mesmo maior", pero rebaixa ao 2,1 % a súa estimación para 2023, seis décimas menos, segundo anunciou a vicepresidenta de Asuntos Económicos, Nadia Calviño.

"Este ano, todos os indicadores apuntan mesmo a un crecemento máis forte do que previamos, na contorna do 4,4 %", dixo en declaracións aos medios en Luxemburgo antes de participar na reunión de ministros de Finanzas da eurozona.

A vicepresidenta primeira sinalou que se trata dunha previsión "prudente" e que a expansión final podería ser "mesmo maior", pero engadiu que o Goberno sitúa agora o crecemento do PIB en 2023 nunha 2,1 % fronte ao 2,7 % que calculaba antes. 

Calviño destacaba con todo que esa taxa de crecemento estaría por enriba dos países máis importantes da contorna de España e por riba da media da UE.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos