Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno matiza a proposta de ampliar o período de cálculo das pensións

O Goberno matiza a proposta de ampliar o período de cálculo das pensións

Limítao a "algunhas carreiras profesionais" e nega que vaia supoñer un recorte

Escrivá fala dunha "serpe de verán" e culpa a Iglesias

Antón Montero 11/11/2021 20:17

O Goberno nega que estea pactado con Bruxelas elevar o período de cómputo das pensións. O ministro de Seguridade Social, José Luis Escrivá, explicou que a reforma que estudan está pensada para os traballadores con períodos de paro ou que visen empeorados os seus salarios nos últimos anos de vida laboral.

O obxectivo sería que puidesen elixir os mellores anos de cotización para calcular canto van cobrar tras xubilárense, e en ningún caso, insiste o executivo, para que cobren menos.

"Rotundamente non", dixo Escrivá. "Este sistema non está pensado para reducir o gasto en pensións en ningún caso. Está pensado para facer o sistema máis equitativo".

A vicepresidenta Nadia Calviño explicou que "as novas carreiras profesionais fan que un cambio no cómputo non leve necesariamente a unha baixada da pensión senón todo o contrario".

A proposta final, di Calviño, será pactada cos axentes sociais. UXT e Comisións xa din que non van admitir ningunha elevación do período de cálculo, que en 2022 subirá ata os 25 anos de cotización.

O executivo nega que estea pensando en levala ata os 35 anos. O ministro de Seguridade Social di que é unha "serpe de verán" da responsabiliza a Pablo Iglesias. O exvicepresidente respondeu acusando a Escrivá de mentir.

O Partido Popular cre que se están ocultando recortes aos futuros pensionistas e pediu a comparecencia urxente do ministro Escrivá ante a comisión do Pacto de Toledo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade