Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno estuda subir os impostos medioambientais ata 7.500 millóns de euros

O Goberno estuda subir os impostos medioambientais ata 7.500 millóns de euros

A intención do Goberno sería igualar a presión fiscal en impostos verdes á media europea

Pagar máis por aparcar e aumentar as prazas de estacionamento regulado nas cidades 

G24.gal 29/11/2021 14:57

O Goberno estuda subir os impostos medioambientais ata 7.500 millóns, segundo unha información que avanza o xornal 'El Mundo'. A intención do Goberno sería igualar a presión fiscal en impostos verdes á media europea.

Aquí incluiríanse gravames sobre a enerxía, os transportes ou a contaminación e os recursos. E sería unha das pezas clave da reforma do sistema tributario que debe entrar en vigor como moi tarde en 2023.

Transición ecolóxica pide aos concellos máis estacionamentos regulados e máis caros

Pagar máis por aparcar e aumentar as prazas de estacionamento regulado nas cidades son algunhas das medidas que manexa o Goberno para reducir a contaminación. Novos impostos verdes para disuadir os condutores de coller o coche. 

Trátase dunha suxestión do Goberno aos concellos, que serán os que teñan que implementar as zonas de baixas emisións nas cidades máis grandes e con maior risco de contaminación. Abel Caballero, presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, non quixo analizar para a Televisión de Galicia a recomendación do Ministerio.

A estratexia do Ministerio de Transición Ecolóxica pasa por revisar os sistemas de estacionamento regulado estendéndoos a máis áreas e aumentando o prezo. Buscan incentivar o uso do transporte público. 

O Goberno recomenda implementar as zonas de baixas emisións antes de que remate o 2022.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade