Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno ultima as novas medidas anticrise que aprobará o sábado

O Goberno ultima as novas medidas anticrise que aprobará o sábado

O plan anticrise aprobarase nun consello de Ministros extraordinario

Negocian incluír o cheque de 300 euros e o abono transporte para os máis vulnerables  

G24.gal 21/06/2022 16:09 Última actualización 21/06/2022 20:33

 O goberno aprobará este sábado un plan anticrise para frear os efectos da guerra de Ucraína na nosa economía. Así o adiantou a voceira do Executivo, Isabel Rodríguez, na conferencia de prensa tralo consello de Ministros deste martes.

A vicepresidenta de Traballo, Yolanda Díaz, avanzou que os dous partidos que compoñen o Goberno negocian incluír na prórroga do decreto anticrise medidas adicionais para compensar o impacto da inflación "na vida das persoas".

Díaz sinalou que a prórroga incluirá as medidas que xa figuraban no texto orixinal, como a bonificación de 20 céntimos por litro de combustible.

Ademais, PSOE e Unidas Podemos negocian medidas adicionais, que eludiu concretar, pero mostrouse convencida de que ambas as formacións alcanzarán un acordo.

O pasado luns, Díaz propuxo incluír na prórroga do decreto novas medidas, como unha rebaixa do 50 % no transporte público, un cheque de 300 euros para familias vulnerables ou unha recarga de dez puntos no imposto de sociedades para as empresas enerxéticas.

Respecto a esta última proposta, a ministra de Facenda, María Jesús Montero, mostrouse este martes de acordo con impoñer este cargo, pero non sobre o nominal do imposto de sociedades senón sobre "o rendemento real" e con aplicación a partir do exercicio 2023.

Medidas aprobadas este martes

Na reunión ordinaria deste martes o Goberno aprobou a Lei de emprego que converterá o SEPE na Axencia Estatal de Emprego.

Prevé a creación dunha carteira común de servizos igual en todo o territorio, acompañamento personalizado e asesoramento para os demandantes de emprego e unha rede de información que permita coñecer en tempo real todos os postos de traballo que precisan cubrir as empresas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade