Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno defende os seus orzamentos no Congreso diante dos sete grupos que piden a súa devolución

O Goberno defende os seus orzamentos no Congreso diante dos sete grupos que piden a súa devolución

As emendas non prosperarán se o Executivo consolida os seus apoios

G24.gal 26/10/2022 20:08 Última actualización 26/10/2022 21:11

Diante dos sete partidos que emendaron as contas públicas, a ministra de Facenda defendeu os orzamentos como xustos, sociais e prudentes. Os que van permtir, dixo, saír da crise con solvencia.

"Son o antídoto contra a desigualdade e o populismo", di a ministra de Facenda.

Para o Partido Popular, as contas están feitas sobre unhas previsións económicas distorcidas. E prexudican a clase media do país. 

Así o explica Cuca Gamarra"Hipotecan o presente e o futuro dos españois para comprar o presente e o futuro de Pedro Sánchez. Son as hipotecas xerais do Estado".

"Para vostedes todo é unha hipoteca, porque só entenden a política de que teñan servizos públicos os que os poidan pagar", respondeu a ministra Montero.

A ministra de Facenda defendeu tamén a súa política fiscal diante de Ciudadanos e de Vox, que lle afeou os seus apoios.

Iván Espinosa de los Monteros, Vox, dixo: "Son os presupostos Frankenstein. Non valerán para salvar a Sánchez, pero os españois ímolos pagar moi caros".

As emendas á totalidade rexistradas suman 159 deputados, insuficientes para tombar as contas se o Executivo consolida os seus apoios. A votación será este xoves. 

O BNG votará en contra das emendas, pero non garante o apoio aos presupostos

O Bloque Nacionalista Galego xa anunciou que votará en contra das emendas. Pero non garante o apoio a uns presupostos que, considera, son regresivos para Galicia.

"O investimento en Galicia estáncase en 1.000 millóns de euros con respecto a 2022. E xa partiamos de presupostos moi baixos en anos anteriores que ademais non se executaron na súa totalidade. Entendemos que é unha fraude a Galicia e aos galegos", dixo Néstor Rego, o voceiro do BNG no Congreso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos