Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno convoca ao diálogo social para pechar a reforma das pensións

O Goberno convoca ao diálogo social para pechar a reforma das pensións

Enriba da mesa está a supresión do límite das cotizacións máximas e o período de cómputo

Do acordo depende o cuarto pagamento dos fondos comunitarios Next Generation

A Xunta incrementa un 6 % o seu complemento das pensións non contributivas

G24.gal 09/03/2023 23:00

O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, convocou para este venres a reunión da mesa de diálogo social con patronal e sindicatos para tentar deixar pechada a reforma das pensións.

"Iso ten que entenderse como que estamos practicamente chegando a un acordo", sinalou Escrivá durante a súa intervención nun acto en que sinalou que se discutiron "en profundidade todos os elementos da reforma coa Comisión Europea".

O último bloque da reforma das pensións, que inclúe a supresión do límite das cotizacións máximas e o período de cómputo entre outros aspectos, forma parte dos fitos comprometidos con Bruxelas para o cuarto pagamento dos fondos Next Generation europeos vinculados ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

"Imos deixar un sistema sostible, razoable, crible co aval dos que realmente importan", defendeu José Luis Escrivá, ministro de Seguridade Social.

Escrivá mantivo a finais de febreiro unha reunión co comisario europeo de Economía Paolo Gentiloni para analizar "detalle por detalle" esta reforma que espera desbloquear nos próximos días, segundo insistiu este xoves. A Comisión Europea debe avaliar esta reforma como parte deses fitos que condicionan un novo pagamento dos fondos.

Reacción dos sindicatos

Este xoves, o secretario xeral de UXT Pepe Álvarez explicou que xunto ao período de cómputo hai varios temas que o sindicato expuxo, como os anos mínimos necesarios para poder acceder á pensión ou o tratamento das lagoas de cotización.

"Non puxemos liñas vermellas, o Goberno sabe en que contexto podería contar co noso apoio", deslizou Pepe Álvarez, secretario xeral de UXT.

Doutra banda, o secretario de Políticas Públicas e Protección Social de Comisións Obreiras Carlos Bravo pedíalle este xoves ao Goberno a convocatoria.

"O peor escenario é non conseguir esa reforma, os tempos van axustados e hai que desbloquear",  apuntou Carlos Bravo, de Comisións Obreiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade