Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno chama os sindicatos e a patronal para reconducir as negociacións do acordo salarial

O Goberno chama os sindicatos e a patronal para reconducir as negociacións do acordo salarial

As conversas suspendéronse pola negativa da CEOE a ligar soldos e IPC

Calviño pide moderación e Díaz lembra que as empresas teñen marxe

Antón Montero 06/05/2022 19:23 Última actualización 06/05/2022 19:57

Sindicatos e patronal levantaron da mesa en que se negociaban as subas salariais para os vindeiros 3 anos. E non por falta de acordo nas cifras: a petición de UXT e Comisións andaba polo 9% de aquí a 2024 e a CEOE estaba disposta a aceptar o 8.

Pero a diferenza insalvable estivo nas cláusulas de revisión salarial. Os sindicatos pedían complementar a suba de cada ano cunha porcentaxe ligada ao incremento dos prezos, de tal xeito que ao final do período os traballadores non perdesen poder adquisitivo.

Pero os empresarios non queren atarse ante un escenario cheo de incertezas e cunha inflación desbocada. A vicepresidenta do Goberno tentará o luns reconducir a situación.

Nadia Calviño cre que "a palabra chave é moderación, e que tanto os salarios como os beneficios e os dividendos empresariais respecten este principio de moderación para que non entremos nunha espiral inflacionista que non se está dando no noso país".

Tamén a ministra de Traballo lles pedía responsabilidade aos axentes sociais, "que pensen no seu país", pero cunha mensaxe á patroal: "Hai marxes empresariais para poder corresponsabilizarse co seu país en tempos de absoluta incerteza".

Díaz lembrou que, coa inflación estimada para este ano, un traballador que cobre o salario mínimo perderá 840 euros de poder adquisitivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos