Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno aproba un plan para reducir á metade o gasto enerxético nas estradas

O Goberno aproba un plan para reducir á metade o gasto enerxético nas estradas

Modernizará a iluminación na rede viaria estatal con luces LED e con sistemas intelixentes para modular a intensidade en función do tráfico

G24.gal 25/10/2022 21:39 Última actualización 25/10/2022 21:45

O novo plan de eficiencia enerxética incluirá a renovación de todos os puntos de luz da rede viaria estatal, que se cambiarán por tecnoloxía LED. Ademais, instalaranse sistemas automáticos para graduar a luz das estradas en función do tráfico. E actuarase tamén nos túneles ou nos puntos de mantemento e conservación de estradas.

Raquel Sánchez, ministra de Transportes, explica: "Imos instalar placas solares nos centros de conservación para aumentar a autosuficiencia enerxética. Tamén imos facer experiencias piloto como as hortas solares para abastecer os túneles".

Para eses cambios, o Goberno reserva 500 millóns de euros, e con eles pretende reducir a factura enerxética das estradas á metade.

"Ímolo conseguir e ademais garantimos que en ningún momento se vai poñer en risco a seguridade da nosa rede viaria", di a ministra Raquel Sánchez.

Aumentan as indemnizacións para as vítimas de accidentes de tráfico

O Consello de Ministros acordou tamén incrementar as indemnización para os afectados por accidentes de tráfico, especialmente para os que queden con lesións graves. Auméntanse as contías por incapacidade permanente e tamén as que recibirán as persoas que dependan economicamente dunha vítima mortal.

27,5 millóns de euros para a dependencia

Outro dos asuntos que aprobou o Consello de Ministros foi repartir 483 millóns de euros entre as comunidades autónomas para financiar a atención ás persoas dependentes. A Galicia correspóndelle case un 6 % deses fondos, uns 27 millóns e medio de euros. A achega farase a través dun pagamento único para axilizar o cobro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade