Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta volve reclamar ao Goberno cobernanza e axilidade na repartición de fondos europeos

A Xunta volve reclamar ao Goberno cobernanza e axilidade na repartición de fondos europeos

Os fondos permitirán a transformación do tecido produtivo

G24.gal 09/05/2022 14:29

O Goberno aínda non aclarou como se vai facer a repartición dos fondos europeos entre as comunidades. Galicia pide axilidade e cogobernanza na xestión das axudas.

O vicepresidente económico en funcións, Francisco Conde, dixo hoxe nun foro económico na Coruña que está en xogo a transformación do tecido produtivo. Pídelle ao Goberno que rectifique e dialogue coas comunidades autónomas.

"Estamos nunha situación en que non podemos executar os fondos en que temos competencias, a clave é acertar, como país arriscamos moito, como España cara á Unión Europea, cara á transformación do tecido produtivo temos que traballar conxuntamente entre as administracións", dixo o Vicepresidente económico en funcións da Xunta, Francisco Conde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade