Publicador de contidos

Publicador de contidos

Acusados de traficar con drogas no Vao logran un acordo para reducir condenas

Acusados de traficar con drogas no Vao logran un acordo para reducir condenas

O fiscal pedía 8 anos de prisión para cada un deles, pero modificou a petición e o xuízo que se ía celebrar este luns saldouse cun acordo polo que se lles condena a penas de 2 a 3 anos

Algúns dos acusados acompañados do seu avogado á saída da Audiencia de Pontevedra
G24.gal 17/10/2022 14:10

En decembro de 2019 unha operación conxunta da Garda Civil e da Policía Nacional contra o narcotráfico no poboado chabolista do Vao, derivou na detención de 8 persoas, acusadas dun delito contra a saúde pública e outro de integración de rede criminal.

Este luns estaba fixado o xuízo na Audiencia Provincial de Pontevedra. A Fiscalía pedía para todos os acusados 8 anos de prisión.

Os acusados son un veciño de Vilanova e outro de Pontevedra que supostamente eran os provedores da droga; un taxista e dúas mulleres que simulaban ser clientas e que transportaban a mercadoría ata o poboado; e o último elo da cadea eran 3 residentes do Vao que vendían a droga e mesmo poñían a disposición dos drogodependentes un pendello para que consumiran alí.

Pero despois de hora a media todas as partes abandonaban a sede xudicial con satisfacción polo acordo de conformidade que asinaron todos.

O fiscal modificou o escrito de acusación e reduciulles as penas a dous e 3 anos ao aplicarlles a atenuante de confesión e modificar o grao de participación de 3 deles aos que agora considera cómplices e non autores dos delitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade